ghose 📚⁂ (e)k Haruki Murakami(r)en Sputnik, mi amor liburuaren kritika egin du
Lectura moi interesante.
3 izar
Ummm, según ía lendo... preguntábame a onde me quería levar o autor. En realidade estiven todo o tempo onde el quería: dándolle voltas á cabeza.
A historia é unha excusa para facer falar ao protagonista principal, que inicialmente se sitúa como narrador que pon a luz sobre outra persoa e mediada a novela sitúase no centro da acción. Este cambio, esta inversión, fai que a estrutura da novela atenda ás visicitudes dos protagonistas (isto non é un spoiler). Pequenos detalles como este, formais e sen complicacións, son moi bonitos de apreciar.
A novela semella ir nunha dirección pero realmente reflexiona acerca da identidade propia, da autopercepción e da construcción desa identidade en relación a nós mesmos e a quen nos rodea.
Hai algún capítulo que non lle atopei sentido, ou máis ben a razón da súa inclusión (no contexto da novela) pero pode que simplemente estivesen alí para …
Ummm, según ía lendo... preguntábame a onde me quería levar o autor. En realidade estiven todo o tempo onde el quería: dándolle voltas á cabeza.
A historia é unha excusa para facer falar ao protagonista principal, que inicialmente se sitúa como narrador que pon a luz sobre outra persoa e mediada a novela sitúase no centro da acción. Este cambio, esta inversión, fai que a estrutura da novela atenda ás visicitudes dos protagonistas (isto non é un spoiler). Pequenos detalles como este, formais e sen complicacións, son moi bonitos de apreciar.
A novela semella ir nunha dirección pero realmente reflexiona acerca da identidade propia, da autopercepción e da construcción desa identidade en relación a nós mesmos e a quen nos rodea.
Hai algún capítulo que non lle atopei sentido, ou máis ben a razón da súa inclusión (no contexto da novela) pero pode que simplemente estivesen alí para facer falar aos protagonistas, como con toda a novela en xeral. Nisto doulle crédito ao autor, que sabe máis ca min.
É pecado darlle só tres estrelas, pero fágoo no contexto do propio autor, en relación aos outros libros seus que lin. Comparado con outros autores (coa maioría) ben merece catro estrelas (se isto das estrelas significa algo). A estas alturas teño o convencemento de que podo ler calquera libro deste autor, de que vai pagar a pena o esforzo aínda sendo uns mellores ou máis entretidos que outros, pero o xeito fluído en que che conta as cousas, incluso relaxado, atendendo ao detalle da vida cotiá pero falando das cousas que temos nada cabeza son moi do meu gusto.
Se tes gañas non dubides en darlle unha oportunidade.