ghose 📚 (e)k Mark Sisson(r)en Born to Walk liburuaren kritika egin du
If you want a fighting chance at being healthy and avoiding the prevailing disease patterns of modern life, you have to JFW —just f*cking walk.
3 izar
pego un par de párrafos procedentes do meu blog:
O libro está dirixido, na miña opinión, ao estereotipo de persoa que corre, para quitarlle/nos os paxaros cabeza. Un modelo de amplo espectro, pero caracterizado por intentar facer máis do que está preparada para facer (resumindo moito).
Por isto, se es unha persoa que actualmente non corre nin fai outras actividades calificables como «chronic cardio», ou adepta ao HIIT, crossfit, etc etc etc entón podes comezar o libro no capítulo 7 (pola metade).
Trata o libro de que compoñas na túa cabeza unha imaxe xeral, un enfoque conxunto da túa vida e non só vexas plans de adestramento e marcas a superar. Para isto ofrece argumentos e opinións con citas a estudos (calquera che pode tirar un estudo á cara que diga o que queres que diga), pero tamén xeitos doados de incorporar movemento a todas esas horas na oficina (sen …
pego un par de párrafos procedentes do meu blog:
O libro está dirixido, na miña opinión, ao estereotipo de persoa que corre, para quitarlle/nos os paxaros cabeza. Un modelo de amplo espectro, pero caracterizado por intentar facer máis do que está preparada para facer (resumindo moito).
Por isto, se es unha persoa que actualmente non corre nin fai outras actividades calificables como «chronic cardio», ou adepta ao HIIT, crossfit, etc etc etc entón podes comezar o libro no capítulo 7 (pola metade).
Trata o libro de que compoñas na túa cabeza unha imaxe xeral, un enfoque conxunto da túa vida e non só vexas plans de adestramento e marcas a superar. Para isto ofrece argumentos e opinións con citas a estudos (calquera che pode tirar un estudo á cara que diga o que queres que diga), pero tamén xeitos doados de incorporar movemento a todas esas horas na oficina (sen suar) ou na casa. O libro está cheo de exemplos e indicacións para que calquera poida adaptar o modelo ao seu caso.
Sabes que é saudable, que te vas a sentir mellor. Non precisas camiñar unha hora, igual non tes «unha hora» á túa disposición, pero si podes dar unha volta á mazá despois de xantar, podes estacionar o automóvil a un quilómetro do lugar ao que vas e non na porta do edificio...
Resumindo: mantenta activa e camiña.