ghose 📚⁂ (e)k R. F. Kuang(r)en La guerra de la amapola liburuaren kritika egin du
Non me aportou nada. A min.
2 izar
ía poñerlle 3⭐, porque é entretemento lixeiro e decente, pero este último capítulo da novela pareceume incluso desagradable, non só por recrearse en detalles violentos e morbosos (cousa que é residual no resto da novela), que tamén, se non por presentar ás lectoras un debate ético cando a protagonista está toda a novela dicindo «que non, que pa'lante». Está metido con calzador. Faina quedar como unha persoa inestable e carente de principios éticos. Hai que engadir que é unha post-adolescente, así que sexamos comprensivas (e condescendentes).
Extrañaríame moito que lese a segunda parte da novela (e sucesivas?) habendo tantos libros por aí que aportan algo.
En xeral pareceume unha novela plana, pouco suxerente, con escenas e xiros na historia nada creíbles incluso participando da fantasía proposta, unha novela que che fai apreciar as que son mellores e non andar regalando estreliñas como se non houbese que gañalas 😅