Asasinato na casa rosa

Azal biguna, 416 orrialde

Galegoa hizkuntza

Galaxia(e)k argitaratua.

ISBN:
978-84-1176-360-8
ISBN-a kopiatu!
Baloraziorik ez (0 berrikuspen)

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar. Ao pouco de iniciar as pescudas, a inspectora bate cunha nova morte e, ante esta inesperada circunstancia e o complexo da investigación, procura a axuda do seu antigo xefe, o comisario xubilado César Araújo. E así os dous tentarán desvelar a rede de misterios, mentiras e intrigas que envolven a familia Villamor.

Edizio 1

Gaiak

  • Eleberri beltza