ghose 📚 (e)k Irène Némirovsky(r)en Los bienes de este mundo liburuaren kritika egin du
Unha teleserie de fai dez anos publicada en capítulos semanais que agora podes ver dun tirón no necflis.
3 izar
a novela comeza cunha historia de Romeo e Xulieta e pronto deriva á traxedia esa escrita na Grecia antiga onde as mulleres, viúvas e orfas da guerra, teñen que ir tirando como poden e sobrevivir. Debería buscar a referencia. Meh, abonda saber que está tó inventao.
Ben, non é pouco todo iso, no contexto das dúas Guerras Mundiais do século XX.
Non me atrapou, pero si recoñezo que probablemente a perspectiva feminina foi un aporte importante no contexto da época. Na propia novela, neste sentido, pon o foco nos avances da consideración da propia muller na sociedade e os seus dereitos como persoa que aconteceron despois da Gran Guerra. Modestos, pero suficientes como para ser parte do argumento.
Describe polo miúdo o propio corsé que cinguía as relacións sociais e económicas, cos roles intrafamiliares e laborais perfectamente delimitados.
A novela publicouse inicialmente por capítulos nun xornal (revista?), e …

A novela publicouse inicialmente por capítulos nun xornal (revista?), e temos uns cliff hanger de manual que se salvan igual que nas teleseries hoxe en día: premendo en «Siguiente Episodio ▶️»
É terrible todo, claro. E máis terrible pensando que pensaban que non ían volver sufrir outra guerra igual (ou peor).
As relacións persoais están edulcoradas, idealizadas, pero creo, na miña opinión, son unha mensaxe de esperanza que quere mandarnos a autora nun mundo que se autodestrúe. Mañán volverá a saír o sol.
Déixase ler, non me mal interpretes.