ghose 📚 (e)k Tara Westover(r)en Una educación liburuaren kritika egin du
marabilla de ler
5 izar
Mentras lÃa non podÃa deixar de preguntarme se realmente se trataba dun libro de memorias ou dunha novela de ficción contemporánea. EntendÃn o primeiro cando lin a sinopse, pero enseguida parece todo demasiado elaborado como para ser real, unha confluencia improbable de circunstancias.
Abonda para que o libro sexa marabilla o xeito en que está escrito, unha narración clara de acontecementos confunsos e cheos de aristas, onde os protagonistas non sempre teñen clara a distinción entre a realidade e a imaxinación, esa fronteira entre os creemos que son feitos e o que queremos que sexan os feitos.
Atrapoume desde un inicio, cun prologo fermososo que describe con respeto e amor o que é o seu fogar, unha montaña. Tara crÃase tanto nun fogar disfuncional (creo que aquà cadra ben o adxectivo) como sentindo e apreciando a natureza que a rodea.
O relato da súa vida está contado desde …

O relato da súa vida está contado desde a idade adulta tal como lembra o acontencido apoiándose nos diarios que foi completando desde moi nena. A súa memoria do pasado entra en conflito a miúdo coa dos outros protagonistas, adoptando formas e significados (interesados?) moi diferentes para todos eles, dependendo do marco moral no que se apoian.
O libro é difÃcil de ler en moitas dos seus capÃtulos, con comportamentos de abuso e maltrato, tanto fÃsico como psicolóxico, unha historia de dominación, sumisión e negación da persoa. A partir de certo grao de emancipación da protagonista, cando esta é xa posible, non deixaba de pensar «fuxe, agora que podes, e non mires atrás». Pero disto trata o relato, de poñer nunha báscula a lealdade debida á familia e a autoafirmación como persoa digna de respecto. O conflito de Tara é a confluencia nela desas forzas que no seu caso semellan incompatibles. É doado, visto desde fóra, dicirlle «fuxe». É doado darlle consellos ás outras persoas, máis que tomar acción sobre o que sabemos que nos convén pero non nos atrevemos a facer, polo que sexa.
Con toda a crudeza do contado nunca cae no efectismo da vulgaridade ou do morbo. Hai certas lagoas no relato, aspectos da súa vida sobre os que pasa de perfil simplemente insinuándoos, pero creo que hai que respectar esas omisións. Pode que, chegando ao final do relato este se volva un pouco redundante, non aporta o xeito en que afonda na descrición das posturas que toman os protagonistas, pero entón lembras que eses anos «redundantes» son anos vividos por persoas, anos con posturas enquistadas e de sufrimento que merecen ser descritos, non son capÃtulos de recheo para facer un libro máis gordo.
Se digo que é «difÃcil de ler» refÃrome á historia, non ao xeito en que está escrito que, como digo, é fluÃdo, con palabras acaÃdas ao contexto e que transmiten emoción (dor, angustia, amor, soidade, desamparo,…).
Fun á biblioteca ebiblio.es a por este libro, se tes oportunidade non deixes de lelo.