Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia.
Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.
López Silva proponnos nesta …

López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.
Non sei que agardaba exactamente deste libro pero non era isto. Seica pensaba atoparme cunha reflexión sobre as nosas contradiccións cando temos devanceiros que no 36 elixiron matar á democracia xa sexa por convencemento ou directamente por pura supervivencia. Pensaba atopar algo máis xeral. Pero non, é un ego trip no que a autora está cada páxina a mover os marcos da fronteira entre realidade e ficción. Agardaba moito e saquei pouco ou nada. Non é nin ensaio, nin memorias, nin novela nin nada. Non é que sexa todo á vez. É que non é nada.